< TAG # 6 de Decembro de 2004>

XEO

Reformar a constitución española?
Non, este é un texto consensuado por todos os partidos e sectores sociais en 1978, mellor non tocalo, quen sabe o que podería pasar.
Se cambia algunha cousa cómpre sermos moi prudentes, cambiala minimamente.
Un cambio constitucional élle tarefa dos partidos políticos e das súas direccións. Ademáis hailles cousas que han quedar fóra da negociación, que son intocábeis.
Cómpre cambiar só o que é imprescindíbel para o noso axuste con Europa.


wiki temporalmente no accesible

LÍQUIDO

Convertimos a constitución nun Wiki. Por que non cambiar o que queiras? Por que non cambialo todo? Por qué non facer propostas imaxinativas? Por que non facer visíbeis todas as propostas? Por que non buscar novas fórmulas constitucionais que resolvan vellos conflictos ou ambigüedades? Por que non fundir as reticencias e deixar que o debate flúa ceibe? Por que non nos apropiar da política?

Una Wiki Wiki é unha páxina web que calquera pode editar desde o seu navegador. Introducimos os títulos e artigos da constitución de 1978 nas páxinas do wiki. Pulsa no círculo cunha "W" e accederás ao índice da constitución. Escolle o artigo que desexes modificar, clica"editar" e cambia o que queiras. Cada artigo ten unha páxina de discusión para fomentar o debate..

wiki wiki foro