| Isto que é?
Unha acción política?
Un sistema de debate e deliberación cidadá?
Un traballo de net.art?
Unha escultura social?

Pero quen?
Este proxecto é unha iniciativa do <TAG>Taller
d'Intangibles aberta á participación de
todo o mundo e a calquera tipo de colaboración, apoio,
proposta ou suxestión.
O software empregado para o wiki, PWP
Wiki Processor, distribúese baixo GPL e o seu autor
é Lars Ackermann.
O software empregado para o foro, PHPbb,
distribúese tamén baixo GPL e foi desenvolvido polo
phpBB Group.
As fotografías empregadas aquí proveñen
de stock.xchng donde
se autoriza o seu uso pra finalidades non comerciais. Os seus
autores son: Mr_Ristoo
("After the rain 4"), piekes
("Frozen forest - 1") e jamie84
("icy 4").
Versión en galego de Lluís Felip e modificacións
de Dani.
Versión en éuscaro
de Selina Delgado.
Contacto: constitucion@enlloc.org
Como?
Pra entrares ao wiki chisca
aquí: (wiki
temporalmente no accesible)
Has comprobar que introducir cambios é moi doado. Simplemente
procura no índice o artigo que queres mudar. Ao entrares
na páxina do artigo, preme na ligazón "editar"
e fai o cambio. Logo pulsa "OK" para gardalo.
Por certo, ao introducires cambios aceptas que o contido da túa
aportación se rixa pola Licencia
de Documentación Libre GNU (GFDL nas siglas inglesas).
Isto quere dicir que calquera pode copiar, distribuír ou
modificar este contido.
Cuatrilingüe?
O wiki da
constitución xa está en castelán e hai índice
dispoñíbeis para o catalán, o éuscaro
e o galego. Temos a intención de ir montando o wiki tamén
nestas linguas. Mais se algún o quere ir facendo, avante!.
O texto oficial está dispoñíbel en diversos
idiomas en: www.constitucion.es
O feito de termos a constitución en varios idiomas pode
propiciar que evolucionen de forma distinta. Animamos a quen coñeza
máis dunha lingua a introducir a súas modificacións
en varios idiomas ou a traducir modificacións que outras
persoas fixeron. En calquera caso, queda nas mans de quen participe
a decisión de que unha lengua recolla a evolución
das outras ou non.
Un wiki?
É un Wiki o mellor sistema para debatir sobre a Constitución?
No é aberto e volátil de máis?
No es confuso de máis sobre as propostas que se formulan
e quen as apoia?
Sería mellor algún outro sistema participativo e/ou
de deliberación?
Como debería ser este sistema?
Existe algún deles que se poda usar ou adaptar?
Deberíamos crealo?

|